RUTAS TURÍSTICAS


As posibilidades de ocio que ofrece Baleira ó visitante son moitas e variadas.
Aquí poden conxugarse naturaza e deporte nun medio que nos regala extraordinarias paisaxes de montaña e impresionantes fragas.

Fazer unha visita a Baleira é sinónimo de percorrer espazos naturais.
Unha das nosas rutas turísticas lévanos á Fraga da Marronda, un dos faiedos máis importantes de Europa, no que ademais conviven unha riquísima variedade de especies tano vexetais como animais. A práctica do sendeirismo pola Ruta da Marronda é a mellor forma de unirse co medio, disfrutando das numerosas aldeas do entorno.



Sen embargo, non só a natureza é protagonista, interesantes datos do noso patrimonio confirman a importancia históricas destas terras. Atravesa o termo municipal o Camiño Primitivo de Santiago, se percorremos a Ruta das Igrexas comprobaremos como moitas delas están consagradas á advocación de Santiago O Maior.

Outra mostra do valioso patrimonio artístico de Baleira atopámola nos restos de asentamentos castrexos, que podemos coñecer seguindo a Ruta dos Castros.

Localización
localizacion
Servicios al ciudadano

junta