Rutas
ListadoRuta da Marronda A Marronda é un exemplo excepcional de bosque autóctono galego que ocupa unha extensión de 611 Ha. entre as aldeas da Braña, Fórneas, Mendreiras, O Real e Martín.Nunha zona de media montaña, con valores altitudinais comprendidos entre os 450 e 925 m. medra esta vigorosa e atractiva masa natural na que podemos atopar numerosas especies tanto vexetais como animais.
Entre os representantes da variedade faunística figuran o xabarín, o corzo, o raposo, a xineta, a donicela, o esquío, o azor, o gabián, a aguia caudal, o corvo, a perdiz, o cuco, a bubela, o morcego, o porco espiño, as formigas, os vagalumes, as lesmas ou os vermes e ácaros do solo forestal. Esta impresionante fraga é ademais un tesouro paisaxístico e visual que nos regala estampas cambiantes coas estacións. Mentres o verde intenso da clorofila das follas domina todo na primavera e no verán, o amarelo da capa subyacente de pigmentos aparece ó descuberto no outono e o frío penetra nas pólas núas no inverno que amencen brancas cando a neve acada estas latitudes. En Baleira o turismo verde e o deporte van íntimamente unidos. Aquí pode practicarse o rafting, a escalada, o ciclismo e o sendeirismo entre outros. A Ruta da Marronda, con 66 quilómetros distribuídos en variantes circulares para planificar etapas de distinta lonxitude, é o primeiro sendeiro de grande percorrido da provincia de Lugo e o primeiro itinerario da Comunidade Autónoma galega seleccionado para formar parte do GR-1 que atravesa o norte peninsular dende Empuries. Está homologada pola Federación Galega de Montañismo e convenientemente señalizada segundo o modelo estipulado polo Comité Nacional de Sendeirismo. Ó percorrela podemos contemplar impresionantes fragas frondosas, ríos que desafían á orografía con meandros incribles, montañas continuas que se suceden nun vaivén de subidas e baixadas e un sen fin de aldeas hermosas salpicadas por este concello. Descarga del mapa Ruta das Áreas de Recreo O visitante que se achegue ó Concello de Baleira ten a posibilidade de disfrutar do turismo verde acercándose ás numerosas áreas de recreo habilitadas para tal fin en diversos lugares do municipio. Son lugares significativamente escollidos, facendo honor ó nacemento dun manantial, a presencia dun río ou á incomparable beleza paisaxística.ÁREA DE RECREO NACEMENTO DO RÍO EO Este área recreativa, situada a 7 qm. da capitalidade municipal pola estrada LU-750 que une O Cádavo con Meira, está acondicionada con diverso mobiliario para disfrutar das comidas campestres, reunións ó aire libre, etc. Ademáis, podemos percorrer un tramo da Ruta da Marronda que discorre polas súas inmediacións. ÁREA RECREATIVA DA CORTEVELLA Sorprenden pola súa artificiosidade os incribles meandros do Eo, río que debuxa sobre a rocha formas diversas, algunhas tan orixinais como a da Volta, pena á que rodea en case toda a súa totalidade. Na actualidade un paseo rodea á pena permitindo apreciar este curioso prodixio da naturaza. Asemade sobre a mesma pena erixíuse un miradoiro dende o que se contempla este capricho do río e as numerosas ouriceiras da zona. Nas Estrapelas situóuse un acolledor merendeiro, á beira do caudal, que discorre poboado de troitas por diante da Aceña da Cortevella. Seguindo a corrente fluvial uns metros máis abaixo deleítanos unha pequena fervenza que esvara ondulante entre as oquedades das pedras. A práctica do sendeirismo ten aquí o seu mellor aliciente, un impresionante Pico da Valiña eríxise voluptuoso polo leste. ÁREA RECREATIVA NACEMENTO DO RÍO NEIRA Esta área adicada ó esparexemento e ó ocio, está situada ó sur da aldea da Fontaneira, na estrada que une a C-630 con Vilar dos Adrios. Aproveitando a nosa estancia nestas paraxes, nada mellor que achegarnos á Pena do Castro en Vilar dos Adrios para observar detidamente os restos amurallados da primitiva construcción castrexa. Se nos interesa a arquitectura religiosa temos opción de visitar os bos exemplares que a definen, como a Igrexa da Fontaneira e as Capelas de Vilar dos Adrios e Pasada. AREA RECREATIVA DE O CÁDAVO A área recreativa de O Cádavo conta ademáis cunha ampla zona verde, na que foron instaladas mesas, barbacoas e distinto mobiliario urbán. Descarga del mapa Ruta dos Castros Este itinerario turístitico permítenos coñecer determinados xacementos arqueológicos perfectamente acondicionados para ser visitados. Son vestigios dos pobos celtas que habitaron a zona norte da Península Ibérica durante a Idade do Ferro. Os seus poblados, moi numerosos, estaban fortificados polo que a esta cultura chamaráselle Cultura dos Castros. Un dos aspectos máis atractivos dos castros é o da construcción das vivendas que se levantan case sempre sobre rochas para aforrar cimentacións, empregando lousa e granito. Xeralmente ten unha soa habitación, aínda que as veces hai pequenas divisións internas, cun fogar no medio. Non se fixeron excavacións nos castros de Baleira, polo tanto, os restos das casas non son visibles pois atópanse sepultados. -Castro de Antiguallas ( Córneas)- Situado a 19 qm. do Cádavo, sobre unha elevación do terreo dende a que se domina todo o val de Córneas, este castro é un dos máis importantes de Baleira. Consérvanse vestigios de prehistóricas vivendas e na zona é posible contemplar construccións circulares cubertas de palla de evidente herdanza céltica. -Pena do Castro (Vilar dos Adrios)- Asentamento castrexo no que se observan as estructuras defensivas, unha serie de murallas e pequenos fosos que rodean unha ampla croa coroada por varias rochas dende as que se divisa o val do río Neira. Está situado na parroquia da Fontaneira a poucos metros da estrada que une a C-630 con Vilar dos Adrios. -Castro da Degolada- Componse dunha pequena muralla exterior, un foso e ampla croa que se erixe sobre unha rocha. Coroa unha montaña de certa altitude dende a que se domina case por completo a parroquia de Degolada. Neste castro acháronse importantes vestixios castrexos. -A Pena dos Mouros (Real de Cubilledo)- No asentamento da Pena dos Mouros, a 8 qm. da capitalidade municipal, consérvanse restos dunha primitiva construcción, son as cimentacións dun vello edificio de grandes proporcións ó que os do lugar chaman A Casa dos Mouros en alusión directa ó carácter de fortaleza que antano debeu ter. A parte dos castros citados, en Baleira consérvanse os restos doutros xacementos célticos. Importantes polas súas dimensións son os castros da Pereira (Librán), serie de murallas e fosos que culminan nunca impresionante croa, hoxe poblada de arboredo; O Castro de Valdería, encravado nun outeiro dende onde se domina o Val de Esperela e Pousada; O Castro de Cubilledo, do cal non quedan restos arqueolóxicos xa que riba del foi construída a aldea, e Os Castros de Vilaselle e Retizós. Descarga del mapa Ruta das Igrexas Seis igrexas forman parte deste itinerario turístico que nos permite coñecer parte do patrimonio histórico-artístico do Concello de Baleira. Todas elas están situadas en lugares de extraordinaria beleza natural e atesouran elementos de diferentes estilos (románico, barroco, neoclásico…) dando conta da riqueza cultural destas terras en tempos pasados. Riqueza que se complementa cun abundante número de capelas repartidas de xeito desigual pola nosa xeografía.-San Pedro de Esperela- -Santiago da Fontaneira- -Santiago de Córneas- -Santa María de Librán- -San Miguel de A Braña- -San Lourenzo da Degolada- A igrexa parroquial foi totalmente reconstruida no s.XIX, conservándse restos do antigo templo. Descarga del mapa |
O Concello
O Municipio
Qué visitar
Servizos ó cidadán
|