RUTA AS ÁREAS DE RECREO
O visitante que se achegue ó Concello de Baleira ten a posibilidade
de disfrutar do turismo verde acercándose ás numerosas áreas de
recreo habilitadas para tal fin en diversos lugares do municipio.
Son lugares significativamente escollidos, facendo honor ó nacemento
dun manantial, a presencia dun río ou á incomparable beleza paisaxística.
-ÁREA DE RECREO NACEMENTO DO RÍO EO-

Baixo os pés dun vello castiñeiro unha banda de caliza deixa paso ás augas que se recollen na Serra do Mirador.
Ditas augas saen á luz por entre múltiples ollos de pedra configurando así a esencia do río Eo, o que vemos escaparse entre grande cantidade de líquens e mofos.
Este área recreativa, situada a 7 qm. da capitalidade municipal pola estrada LU-750 que une O Cádavo con Meira, está acondicionada con diverso mobiliario para disfrutar das comidas campestres, reunións ó aire libre, etc.
Ademáis, podemos percorrer un tramo da Ruta da Marronda que discorre polas súas inmediacións.
-ÁREA RECREATIVA DA CORTEVELLA-

A beleza natural e a creada polo home xúntanse neste espacio de recreo para regalarnos un dos lugares máis hermosos de Baleira.
Situado a 20 qm. do Cádavo chégase dende a vía de comunicación local LU-750, tomando na Muíña a estrada de Martín.
Sorprenden pola súa artificiosidade os incribles meandros do Eo, río que debuxa sobre a rocha formas diversas, algunhas tan orixinais como a da Volta – pena á que rodea en case toda a súa totalidade. Na actualidade un paseo rodea á pena permitindo apreciar este curioso prodixio da naturaza. Asemade sobre a mesma pena erixíuse un miradoiro dende o que se contempla este capricho do río e as numerosas ouriceiras da zona.
Nas Estrapelas situóuse un acolledor merendeiro, á beira do caudal, que discorre poboado de troitas por diante da Aceña da Cortevella.
Seguindo a corrente fluvial uns metros máis abaixo deleítanos unha pequena fervenza que esvara ondulante entre as oquedades das pedras.
A práctica do sendeirismo ten aquí o seu mellor aliciente, un impresionante Pico da Valiña eríxise voluptuoso polo leste.
-ÁREA RECREATIVA NACEMENTO DO RÍO
NEIRA-

Esta área adicada ó esparexemento e ó ocio, está situada ó sur da aldea da Fontaneira, na estrada que une a C-630 con Vilar dos Adrios.
As augas que dan orixe ó río Neira repóllense nunha fermosa fonte enclavada no lugar da Lameira. Actualmente este punto de interese paixasística e natural foi acondicionado con diverso mobiliario para disfrutar dun medio que, aquí, nos avasalla con paz, tranquilidade e sosego.
Aproveitando a nosa estancia nestas paraxes, nada mellor que achegarnos á Pena do Castro en Vilar dos Adrios para observar detidamente os restos amurallados da primitiva construcción castrexa. Se nos interesa a arquitectura religiosa temos opción de visitar os bos exemplares que a definen, como a Igrexa da Fontaneira e as Capelas de Vilar dos Adrios e Pasada.
-ÁREA RECREATIVA DO CÁDAVO-

Na saída de O Cádavo en dirección a Lugo,
na marxe dereita da estrada LU-530, ubícase unha completa
área de descanso na que destaca especialmente o singular
elemento escultórico que a preside e que é a única
peza pertencente ó proxecto que o afamado arquitecto Antonio
Gaudí concebiu para o templo da Sagrada Familia de Barcelona,
que se atopa fora de dita construcción.
A área recreativa de O Cádavo conta ademáis
cunha ampla zona verde, na que foron instaladas mesas, barbacoas
e distinto mobiliario urbán.
|
Localización
|