RUTA OS CASTROS
Non se fixeron excavacións nos castros de Baleira, polo tanto, os restos das casas non son visibles pois atópanse sepultados. -Castro de Antiguallas ( Córneas)- Situado a 19 qm. do Cádavo, sobre unha elevación do terreo dende a que se domina todo o val de Córneas, este castro é un dos máis importantes de Baleira. Consérvanse vestigios de prehistóricas vivendas e na zona é posible contemplar construccións circulares cubertas de palla de evidente herdanza céltica. -Pena do Castro (Vilar dos Adrios)- Asentamento castrexo no que se observan as estructuras defensivas, unha serie de murallas e pequenos fosos que rodean unha ampla croa coroada por varias rochas dende as que se divisa o val do río Neira. Está situado na parroquia da Fontaneira a poucos metros da estrada que une a C-630 con Vilar dos Adrios. -Castro da Degolada- Componse dunha pequena muralla exterior, un foso e ampla croa que se erixe sobre unha rocha. Coroa unha montaña de certa altitude dende a que se domina case por completo a parroquia de Degolada. Neste castro acháronse importantes vestixios castrexos. -A Pena dos Mouros (Real de Cubilledo)-
A parte dos castros citados, en Baleira consérvanse os restos doutros xacementos célticos. Importantes polas súas dimensións son os castros da Pereira (Librán), serie de murallas e fosos que culminan nunca impresionante croa, hoxe poblada de arboredo; O Castro de Valdería, encravado nun outeiro dende onde se domina o Val de Esperela e Pousada; O Castro de Cubilledo, do cal non quedan restos arqueolóxicos xa que riba del foi construída a aldea, e Os Castros de Vilaselle e Retizós. |
O Concello
O Municipio
Qué visitar
Servizos ó cidadán
|