Gastronomía

gastronomia

Cafeterías e Restaurantes

Establecemento Teléfono
Restaurante Eligio. Cádavo-Baleira 982 354 009
Hostal-Restaurante Moneda.Cádavo 982 354 001
Bodegón Fino 982 354 127
Bar Pedro. O Cádavo 982 354 108
Miranda. A Lastra 982 354 052
A Casoa. A Lastra 982 164 875
Rubio. Barcias 982 354 219
Restaurante Cervecería Neireo. Cádavo-Baleira 982 352 248
O Caseto. Córneas 982 174 983

Gastronomía

En Baleira podemos degusta-los variados e abundantes produtos da zona, especialmente as súas carnes de tenreira e porco, preparadas nas súas múltiples variedades, con excelentes embutidos, como o butelo, prato tradicional destas terras elaborado dunha maneira totalmente artesanal. Outros productos típicos son o pan, o queixo, o mel, as castañas ou productos ligados a periodos estacionais como a enorme variedade de cogumelos que producen os nosos bosques.

Por excelencia o Butelo é o prato máis codiciado de toda a comarca, xunto cas carnes da zona, de primeira calidade.

A necesidade de conserva-la carne de porco trala matanza foi a orixe da elaboración do butelo. Este produto, feito a base de costelas de porco trozeadas, segue na súa preparación un procedemento totalmente artesanal: sepárase a costela e algunhas peles que non conteñan graxa. Unha vez cortada a carne en cachos miúdos, condiméntase con allo, sal gorda e pementa. E logo de realizada a mestura déixase repousar durante uns tres días, removéndoa diariamente. Pasados estes días, embútese a pasta obtida no estómago do porco, ou calquera outra tripa previamente adobada que, unha vez chea e coidando que non leve ar, o pendúrase para poder secalo e afumalo con madeira de carballo.
Actualmente, existen butelos elaborados que, malia segui-las normas de elaboración artesá, permiten -por mor das cámaras frigoríficas e demais tecnoloxías incorporadas- elaborar butelo en calquera época do ano; algo que, no caso dos que se elaboran na casa para autoconsumo ou os demais artesáns para a venda inmediata, non é posible, dado que se ten que limitar á época da matanza, no inverno. Esta iniciativa moderna estase exportando xa a distintas comunidades autónomas españolas, sobre todo a Cataluña.
Localización
localizacion
Servicios al ciudadano

junta