Parroquias

imagen

San Miguel da Braña

76 habitantes. Lugares: Abrairas, Braña y Millares.

A igrexa parroquial é anterior ó século XVIII, foi transportado dende o lugar de Requeixada ata ó pé do Camiño Real de Castela a Mondoñedo, protexido por un cruceiro de recente colocación. Nas inmediacións do lugar de Abrairas existen unhas augas minerais purgantes. Posúe unha pequena capela de construcción popular, con muros de mampostería e sillería de granito e lousa.




Santiago de Córneas

272 habitantes.Lugares: Albaredo, Antiguallas, Azoreira,As Bouzas, Córneas, Escanlar, Fontela, Fontecavada, Gasalla, Montouto, Paradela, Pereira, Rebedul,Reboleira, Solleiros, Surriba, Valinfolgueiro, Vilanova, Vilela, Vilagarcía, Vilardoi e Vilarín.

Ata pouco tempo atrás conservaronse as tradicionais pallozas en Vilagarcía, Rebedul, Vilardoi, Vilela e Albaredo. O Templo parroquial consta de tres naves realizadas en pedra enlucida con esquinales de sillería. A cuberta é de lousa, a dúas augas. Sufriu unha reedificación no ano 1804 e varias modificacións posteriores. Ó seu pé atopamos un dos teixos máis valiosos de Galicia.




Santiago de Cubilledo

144 habitantes. Lugares: Anduriña, Cabreira, Castrelo, Castro, Cubilledo, Esgrade, Espiña, Ladride, Padornelo, Real de Sampaio, Sampaio, Suagranda, Trembedo, Vilares, Vilarín e Vilauriz.

No lugar de Castro hai unha casa, que polo seu aspecto podería representa-lo que queda dunha torre que existiu nese mesmo lugar, pertencente á xurisdicción señorial do conde de Amarante. No lugar de Cabreira atópase unha pequena capela que garda no interior unha imaxe da Divina Pastora. No lugar de Castrelo, situase a capela do mesmo nome, cun retablo de estilo barroco. En Vilarín atópase outra capela de dimensións reducidas, cun retablo moderno no altar maior, así como en Vilauriz, que conta tamén cunha capela.




San Lourenzo da Degolada

37 habitantes. Lugares: Castro, Couto, Degolada e Eirós.

Merece destacarse unha serie de notorios vestixios da cultura castrense, ubicados nunha cima próxima á aldea de Degolada. Consérvanse restos do antigo templo, sendo a igrexa actual reconstruída no século XIX.




San Pedro da Esperela

334 habitantes. Lugares:Cádavo, Baldería, Candín, Cima de Vila, Corveira, Esperela, Penedos, Perrelos, Pradeda, Puñago, Sanguñedo, Touzón, Valín e Vilaselle.

No lugar de Castro atópase un asentamento prehistórico e, en Vilaselle cabe destaca-la pedra de armas da casa de Luaces.Destaca nesta parroquia O Cádavo, capitalidade municipal e centro de servizos de Baleira.




Santiago de Fontaneira

135 habitantes. Lugares: Estornín, Fontaneira, Xestoso, Pandelo, Pasada, Sesto, Trabeiro e Vilar dos Adrios.

O seu nome venlle dado por constitui-la líña divisoria das augas dos ríos Eo e Neira. A parroquial de A Fontaneira atópase ubicada ó pé da C-530 en dirección á Fonsagrada. Construída en muros de pedra con cuberta de lousa a dúas augas sobre dous arcos de medo punto. Experimentou unha sustancial mellora trala restauración levada a cabo polo Concello.En Vilar dos Adrios consérvase a Capela de San Miguel, construida e granito e con cuberta de lousa. Conserva no seu interior un sinxelo retablo de estilo popular barroco. No lugar de Trabeiro atopamo-la Capela de San Ramón do Trabeiro, de pranta rectangular e construcción popular, con cuberta a dúas augas. Tamén en Pasada contan cunha capela de construcción popular na honra de Santa María, así como Xestoso, onde podemos visitar unha pequena capela de pranta rectangular e construcción popular, emprazada no centro da aldea.




Santa María de Fonteo

72 habitantes. Lugares: Fonteo, Ferraría, Castiñeiras, Río de Castro.

O seu nome deriva do nacemento do río Eo.




San Xoán da Lastra

88 habitantes. Lugares: Lastra e Sollío.

 A igrexa parroquial, de sinxelaa feitura, situase a carón da estrada LU-530, sendo recentemente restaurada polo Concello. Conserva no seu interior unha imaxe da Virxe co Neno, datada no século XV.




Santa Mariña de Librán

162 habitantes. Lugares: Aldegunde, Barcias, Carraceira, Catatrigo, Cerreda, Foxo, Gulpilleira, Penas, Pereira, Ponte, Saime, Ventorro e Vilares.

O templo parroquial conserva elementos de orixe románica a pesares das varias modificacións sofridas. Estruturado nunha soa nave a dúas augas, é evidente que no lado dereito existiu unha dependencia que hoxe non se conserva. Adosada ó frontis, na fachada principal, está a torre de dous corpos, un inferior con arco apuntado e o superior con catro vans para as campás e arcos de medio punto.En Soumede atópase una capela de construcción popular.




Santiago de Martín

150 habitantes. Lugares: Casal, Coroto, Cortevella, Costa, Coto de Pedra, Xesteira, Landeira, Loureiro, Martín, Mendreiras, Murias, Paradela, Real, Salgueiras, San Bernabé e Forneas.

No lugar da Corota atopamos restos prehistóricos dun castro con lendas sobre mouros. No lugar de San Bernabé conta cunha pequena capela de pranta rectangular, con presbiterio de igual forma, maior ca nave.Na Cortevella atopamos un dos lugares máis fermosos de Baleira, a Área recreativa da Cortevella.




San Lourenzo de Pousada

150 habitantes. Lugares:Airexe, Lago, Pousada, Queirogal, Quintá, Rego de Pereira, Teilalle e Vilar.



Santa María Madalena de Retizós

109 habitantes. Lugares: Muíña, Retizós y San Román.



Localización
localizacion
Servizos ó cidadán

junta